Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 059/01P e tres máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento aprobado

polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se

é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exer

cicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 3 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-060/01PAdán José Pereira FlorínR/ Calouste Gulbenkian, nº 19-3º D

Ermesende. Valongo. Porto (Portugal)

Pescar sen licenciaLei pesca fluvial

Galicia 7/1992,

art. 34.1º

50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-059/01PPaulo Trinta Florín

11043943

R/ Calouste Gulbenkian, nº 19-3º D

Ermesende. Valongo. Porto (Portugal)

Pescar sen licenciaLei pesca fluvial

Galicia 7/1992

art. 34.1º

50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-075/01PDomingo Gutiérrez Palomo

50449984-J

R/ Alejandrina Morán, nº 31-2º D

Madrid

-Pescar en luns, día inhábil para a pesca.-Pescar con máis canas das permitidas (2)Lei pesca fluvial

Galicia 7/1992 art.

33.3º e 33.9º

15.000

OU-091/01PJosé Mª Giménez Montoya

44453725-S

Pablo Iglesias, nº 1-1º B

Ourense

Pescar estando inhabilitado para iso por Resolución do 23 de novembro de 2000, en luns, removendo as augas con fins de pescaLei pesca fluvial

Galicia 7/1992

art. 35.17º

500.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano e un día