Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 053/01P e dous máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que

se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e máis do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 10 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-065/01PJulián Fuertes Rancaño

52590585

Pza. Daniel González, 6-2º C

Ourense

-Pescar en luns, día inhábil.-Pescar sen leva-la documentación preceptiva aínda sendo titular dela.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992, art. 33.1º e 33.9º15.000

OU-053/01PRaúl Mejuto Guntín

34224208

Ramón Puga, 16-2º

Ourense

Pescar en luns, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 art. 33.9º10.000

OU-056/01PSergio Méndez Gándara

34951755-N

R/ Escultor Failde, nº 12-5º A

Ourense

Pescar a máis distancia da permitida regulamentariamente (uns 10 metros)Lei pesca fluvial Galicia 7/1992 art. 33.3º10.000