Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Formación Ocupacional Santa María de Europa en Ourense.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente 23/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: xestión do servicio da cafetería.

b) Lugar de execución: Centro de formación ocupacional Santa María de Europa (Ourense).

c) Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación

Importe total: 100.000 pesetas/ano (601,01 euros/ano).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial, Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense 32004.

b) Teléfono 988 38 60 96; telefax: 988 38 60 87.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no número 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial, Camiño Prado Loña, s/n, Ourense.

b) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en

sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

c) Hora: 13.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 27 de setembro de 2001.

P.D.(Orde 19-1-1998)

(D. 488/1997, do 26 de decembro)

José Sotelo Presas

Delegado accidental provincial de Ourense