De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 114/2001.
Denunciada: Mª Carmen Rodríguez Vilasuso.
DNI/CIF: 32592807-J.
Último enderezo coñecido: avda. de Algeciras, 62, Neda.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: veinticinco mil pesetas.
A Coruña, 22 de agosto de 2001.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña