Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001 pola que se anuncia a segunda prórroga no prazo da segunda convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a segunda prórroga no prazo da segunda convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas futuras instalacións para a náutica recreativa no porto de Ares, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para o efecto, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede zona centro deste ente público, sita na avda. Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña.

A prórroga do prazo de presentación de solicitudes é de 3 meses e finalizará o 31 de decembro de 2001.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia