Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/72-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Pernas Fuentes, S.L.

Domicilio social: A Habana, 30, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. para gasolineira.

Situación: O Viso-Ourense.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 88 m de lonxitude derivada desde a L.M.T. Velle-Quintela (Unión Eléctrica Fenosa, S.A.) e remata no centro de transformación aéreo de 160 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Dentro do recinto da gasolineira no Viso (Ourense).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial en funcións de Ourense