Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Quintela (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Quintela (Castro de Rei-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión delas, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 15 de novembro de 2001 e o 15 de febreiro de 2002 para arborizado, a falta de acordo do propietario das parcelas antigas e o novo adxudicatario do predio de substitución.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 16 de novembro de 2001, os interesados poderán reclamar, xunto co dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga a quen no acordo de concentración figure como adxudicatario, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que a todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 17 de agosto de 2001.

P.S.R.

Manuel Gervasio Fernández López

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

P.S.R.

Juan-José Cabaño Fernández

Secretario da Delegación Provincial de Lugo