Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa), con nº de código 3600542 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 29-6-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Elnosa, ano 2001

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Interveñen.

Dunha parte, en representación do persoal, os membros do comité de empresa, dos que a idoneidade se xustifica no anexo I.

Doutra parte e en representación da empresa, Alberto González Rodríguez, de quen a representación aparece acreditada no anexo II.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre a empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) e os seus traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores fixos pertencentes ó cadro de persoal da empresa.

O persoal con contratos de traballo especiais e individuais, nas condicións económicas seguirá sometido ás normas polas que actualmente se rexe e neste aspecto, exclusivamente, non queda afectado por este convenio, salvo naqueles puntos en que se especifique a súa inclusión.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001, salvo nos puntos en que se fixe outra data e terá unha duración dun ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 2001, calquera que sexa a data do seu rexistro pola autoridade laboral competente.

Artigo 5º.-Denuncia ou aviso previo.

De non existir denuncia ou aviso previo por algunha das partes cun mes de antelación á data de terminación do presente convenio, este considerarase tacitamente prorrogado por períodos anuais.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que sexan superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

O conxunto de condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará en cómputo anual calquera

mellora parcial que, no futuro, puidese establecerse, xa sexa por disposición legal ou pactada ou por calquera orixe que fose.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas normas, desbotando o resto, senón que sempre deberá ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Existirá unha comisión paritaria que estará composta por catro membros designados pola dirección da empresa e catro designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto neste convenio.

Os membros da comisión posúen os mesmo dereitos e obrigas e, en particular, a facultade de opinar en calquera asunto que sexa sometido a este órgano. Cada un deles terá dereito a un voto e os acordos serán por maioría entre os asistentes de cada unha das representacións.

As resolucións tomadas pola comisión paritaria obrigan a ámbalas partes.

En caso de empate seguiranse os trámites legais correspondentes.

A comisión paritaria reunirase cando existan asuntos que reclamen atención ou cando o solicite calquera das partes, sendo este trámite de carácter previo, antes de acudir á autoridade ou xurisdicción competente.

A comisión paritaria elaborará a súa propia normativa.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia da dirección, con suxeición á lexislación laboral vixente e, polo tanto, élle potestativo adoptar cantos sistemas de renovación, automatización, mecanización e modernización xulgue preciso, así como a reestructuración dos departamentos e seccións e, en xeral, canto poida conducir ó progreso técnico da empresa, sempre que non se opoña ó establecido nas disposicións vixentes na materia.

En todo iso a empresa poderá solicita-lo asesoramento do comité de empresa.

Artigo 11º.-Normas de mantemento do sistema de valoración de postos de traballo.

Con data do 22-2-1989 realizouse o estudio técnico de actualización das valoracións de tódolos postos de traballo e o seu axuste horizontal que quedou

recollido no acordo asinado entre os representantes da empresa e do comité de empresa.

A forma na que se levou a cabo a indicada actualización da valoración dos postos de traballo, as escalas que corresponden a cada un dos postos, as normas para a valoración de novos postos de traballo e da revisión da valoración daqueles dos que o contido variase substancialmente, así como a situación do persoal sobre clasificado, recóllense nunha norma asinada entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

Capítulo III

Condicións de traballo

Sección primeira

Xornada de traballo e horarios

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio será de 1.752 horas.

2. As horas de traballo efectivo computaranse de forma que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, cada traballador debe encontrarse no seu posto de traballo. O tempo de bocadillo, desprazamento a bancos, etc., non será considerado como tempo efectivo de traballo.

3. Para o persoal que traballe a tres quendas, incluídos os domingos e festivos, así como para o persoal que traballe a dúas quendas, as quendas seguirán como ata o momento, sen prexuízo de que entre a dirección e o comité de empresa poidan pactarse modalidades diferentes.

O dito persoal deberá traballa-los días que lle correspondan polo calendario de quendas, con independencia do número de horas fixado con carácter xeral para todo o persoal. O exceso de horas que poida realizar este persoal sobre a xornada xeral, logo de acordo entre a empresa e o traballador, aboaránselle en días de descanso, horas extraordinarias ou outro sistema.

4. Non obstante o anterior, respectarase a xornada menor en calquera modalidade delas que se realice á entrada en vigor deste convenio.

5. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

6. A empresa e o comité consideran de grande importancia a formación continuada dos traballadores, polo que se comprometen a que ámbalas partes

realicen as achegas de recursos que sexan necesarias: a empresa achegará os recursos económicos e os traballadores, o tempo necesario. O anterior será de aplicación para aquelas actividades formativas previamente acordadas co comité de empresa.

Artigo 13º.-Modalidades de horario.

Para efectos de cómputo do número total de horas de traballo efectivo anual, os representantes do persoal e a dirección establecerán os horarios nos que se recolla a distribución do número total de horas anuais. Para iso terase en conta o seguinte:

a) En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo, salvo acordo entre a empresa e o comité respectando en todo caso o descanso entre xornadas.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

c) Semanalmente existirá un descanso de día e medio ininterrompido.

d) Nos traballos a quenda poderanse computar por períodos de ata catro semanas os descansos de 12 horas entre xornada e de día e medio semanal a que se refiren as letras b) e c) anteriores.

d) Nos postos de traballo a tres quendas, nos que se traballen as 24 horas do día, incluídos os domingos e festivos, terase en conta a rotación deles e que ningún traballador estará de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

Para o ano 2001 os horarios de traballo, do persoal que non está a quendas, nas distintas áreas da empresa son os seguintes:

A) Horario xeral.

Afecta o persoal de oficinas, mantemento e laboratorio.

1. Xornada partida:

Horario de mañá: das 8 ás 14 horas.

Horario de tarde: das 15 ás 18 horas.

2. Xornada intensiva e tódolos venres do ano:

Horario: das 8 ás 14.50 horas.

Os períodos de xornada intensiva son os seguintes:

-Do 1 ó 23 de xaneiro

-Luns e martes de entroido.

-A Semana Santa, a anterior e a posterior.

-Do 1 de xuño ó 30 de setembro.

-Do 3 ó 31 de decembro.

B) Horario da sección de envases.

Existen dous grupos de dúas persoas cada un, que se van alternando cada mes. Un mes traballan a xornada partida e o seguinte a xornada continua. A xornada continua inclúe os sábados non festivos.

1. Xornada partida:

Horario de mañá: das 8.44 ás 13 horas.

Horario de tarde: das 15 ás 19 horas.

2. Xornada continua.

Horario: das 8 ás 14 horas.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

As horas extraordinarias considéranse divididas en tres grupos:

Habituais, necesarias (estructurais) e de forza maior.

a) Horas extraordinarias habituais:

Son as realizadas cando se supera a xornada legal, que non respondan ós supostos das horas extras de forza maior ou necesarias.

b) Horas extraordinarias necesarias (estructurais):

Son as que se realizan por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou por motivos de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate. Todo iso, sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

c) Horas extraordinarias de forza maior:

Son as que se efectúan para evitar avarías ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas auxiliares, producción, etc., por causas alleas á vontade das partes. A súa realización será obrigatoria.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas e do carácter delas.

As horas extraordinarias sinaladas nas letras b) e c) non se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do aboamento como horas extraordinarias. En canto ás cotizacións á Seguridade Social, aplicarase a lexislación vixente.

As horas extraordinarias regularanse pola norma de dirección aprobada para o efecto, de acordo co comité de empresa.

Sección terceira

Vacacións

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións do persoal regúlanse polas seguintes normas:

1. Todo o persoal que preste os seus servicios na empresa ten dereito a desfrutar, en concepto de vacacións anuais, trinta días naturais.

2. O persoal de novo ingreso na empresa, ou que cause alta ou baixa durante o ano, terá dereito a desfrutar dun período de vacacións proporcional ó tempo traballado.

3. As vacacións deberá programarse de maneira que os servicios queden debidamente cubertos evitando, na medida do posible, a xeración de horas extraordinarias. A dirección da empresa procurará atende-los desexos do persoal.

Cada departamento, sección ou servicio confeccionará antes do 15 de febreiro de cada ano o seu propio calendario de vacacións, de acordo cos seguintes criterios:

a) A programación das vacacións efectuarase en forma rotatoria, entre cada grupo de persoas, de maneira que o que elixe en primeiro lugar un ano pasa ó último lugar do seguinte.

b) A orde de preferencia farase para cada ciclo de programación (isto é, cando tódalas persoas dun mesmo grupo exercesen a súa preferencia na programación de vacacións) por rigorosa orde de antigüidade. No caso de haber persoal con idéntica antigüidade terá preferencia o de máis idade.

c) A todo aquel que non programe as vacacións de acordo con estas normas, a data do seu desfrute seralle asignada polo seu respectivo xefe, dentro das dispoñibilidades existentes.

4. Para os efectos da confección do calendario de vacacións terase en conta o seguinte:

a) Todo o persoal debe desfruta-las vacacións preferentemente durante o verán.

b) Os días de vacacións do persoal a quendas prográmanse cada ano no momento da confección dos calendarios dos días de traballo e de descanso.

c) As vacacións deben tomarse dunha soa vez, é dicir, os 30 días naturais ininterrompidamente, co fin de facilita-la contratación do persoal para cubri-las ausencias nestes períodos.

d) As vacacións poderán fraccionarse cando exista unha causa de importancia que o xustifique. Este fraccionamento non poderá ser superior a dous períodos, sendo un deles non inferior a oito días (8) naturais.

e) As vacacións iniciaranse sempre en día laborable, computándose como vacacións tódolos festivos e domingos ou día de descanso equivalente do persoal a quendas, comprendidos dentro do dito período de vacacións.

f) Cando o desfrute das vacacións estea comprendido entre dous días non laborables (non incluídos no cómputo anual laboral do posto) o segundo deles computarase como día de vacacións.

g) O persoal que caese de baixa por enfermidade durante o transcurso das súas vacacións anuais interromperá estas, mentres subsista a baixa, pois o tempo de baixa por enfermidade non se debe considerar como vacacións.

h) No caso de que a empresa non lle permita ó traballador desfruta-los 30 días naturais seguidos ou divididos en dúas fraccións, tal como establecen as alíneas c) e d), o traballador será compensado mediante o desfrute de 25 días laborables.

i) A programación dos 25 días laborables deberá ser aprobada previamente pola dirección da empresa e, en ningún caso, poderán tomarse períodos maiores de cinco días seguidos .

j) As vacacións deberán desfrutarse nunha destas dúas modalidades:

a) 30 días naturais.

b) 25 días laborables.

Non se poden combinar unha coa outra. Os que tendo comezado na modalidade de 25 días naturais, cambien á modalidade de 30 naturais, deberán contabiliza-los festivos que correspondan de acordo co previsto na alínea f).

k) Cando por necesidades do servicio, derivadas do absentismo, sexa preciso interrompe-las vacacións de quen as estivese desfrutando, ou se lle atrase o inicio destas, esta interrupción ou atraso non dará dereito a ningunha indemnización.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 16º.-Consideracións previas.

1. Porcentaxes de subas e revisión salarial.

a) Porcentaxes de suba.

1. Incrementos do 2,5% nos seguintes conceptos:

-Soldo base.

-Complemento salarial.

-Complemento persoal.

-Pagas extras.

-Non-stop (postos de traballo con cinco homes).

2. Incremento do 5% no complemento de productividade.

3. Incremento do 7,5% no non-stop dos postos de traballo de catro homes.

b) Revisión salarial.

Non haberá revisión salarial.

2. Tódalas cantidades, calquera que sexa o seu concepto, que dimanen da aplicación do presente convenio, así como calquera outra percepción que puidese existir, considéranse necesariamente nos seus importes brutos e sometidos ó gravame que a cada cal corresponda, segundo as circunstancias persoais e familiares.

3. Os impostos e cotizacións oficiais soportaraos a parte que legalmente lle corresponda e na proporción legalmente establecida en cada momento.

4. O total do percibido, en concepto de salario convenio (soldo base e complemento salarial), situación persoal e pagas extraordinarias denominadas paga do padroeiro, paga de sinatura de convenio, paga de asiduidade e complemento de presencia, e complemento persoal correspóndese a 1.752 horas de traballo efectivo.

Artigo 17º.-Salario convenio.

1. O salario convenio devengarase por xornada e rendemento normais.

2. O dito salario convenio estableceuse no ano 1981, e é o resultado da globalización dos seguintes conceptos salariais existentes no ano 1980: soldo de valoración (composto de soldo base, complemento de actividade e aumento voluntario), compensación lineal, compensación conxelada e o 25% da prima de producción devengada no ano 1980, incrementados no 15%, porcentaxe de incremento pactado para o ano 1981.

3. O salario convenio para 1997 compúñase de: soldo base, complemento salarial e complemento social.

O salario convenio a partir de 1998 componse soamente de soldo base e o complemento salarial, xa que o complemento social pasou a integrarse no novo concepto denominado complemento persoal, que se trata no artigo 18º. O importe correspondente ó salario convenio para o ano 2001 recóllese no anexo IV.

4. As cantidades indicadas para o salario convenio no anexo aparecen no seu importe anual. O importe mensual ou por día obtense dividindo o importe anual entre 14 ou entre 425, é dicir, polo número de meses ou días do ano máis o que corresponde ás pagas extraordinarias de xullo e Nadal.

5. As gratificacións extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal percibiranse mensualmente a doceava parte de cada unha delas.

O persoal que ingrese ou cause baixa durante o ano, o eventual e o interino, percibirá o seu importe proporcionalmente ó tempo de permanencia no cadro da empresa.

Artigo 18º.-Complemento persoal.

1. A partir do 1 de xaneiro de 1998 incorporouse ás retribucións este novo concepto salarial, que se compón das seguintes partidas:

-Complemento social de 1997 incrementado nun 2,1%.

-50.000 pesetas que se trasvasaron da bolsa de vacacións do ano 1998.

-Paga de beneficios de 1996 incrementada nun 1,5 % máis un 2,1%.

-Gratificacións especiais individualizadas existentes ata o 31-12-1997.

2. En 1999 trasvásanse da bolsa de vacacións 37.669 pesetas. Tamén se inclúen os importes por compensación de horario, o persoal de oficinas e

mantemento 57.304 pesetas/persoa e o persoal de envases, 156.078 pesetas/persoa, desde o momento no que se pase a cumpri-los novos horarios.

3. Este complemento, como o seu nome indica, ten carácter persoal e, polo tanto, a cantidade que lle corresponde a cada traballador está calculada en función das súas retribucións individuais.

4. Os importes persoais por este concepto para o ano 2001 están indicados no anexo V. Esta cantidade será percibida polos traballadores sinalados no dito anexo V e non por ningún outro.

Artigo 19º.-Complemento de productividade.

1. O importe que se percibirá por este concepto será o resultado de multiplica-la fracción Ce/1417 pola producción de cloro do mes expresada en toneladas

No momento en que se modifique algún dos factores actuais de producción de cloro (número de celas, capacidade das celas, potencias eléctricas contratadas, etc.) de maneira que se incremente a producción nominal, modificarase a fórmula de cálculo indicada.

A partir da data en que a producción nominal mensual de cloro sexa de 2.000 toneladas e ata a cantidade correspondente á máxima producción posible, cos medios actuais, na suma dos períodos val máis chan aplicarase unha nova fórmula de cálculo en que a fracción que se utilizará para o cálculo será de Ce/1520, en lugar da fracción actual de Ce/1476.

O coeficiente Ce para cada nivel de cualificación indícase no anexo VI.

2. Devengarase mensualmente por día traballado.

Artigo 20º.-Incentivo de calidade.

A partir de 1996 establécese un incentivo á mellora da calidade no seu sentido máis amplo: de producto, ambiental, da seguridade, etc., cun importe mensual que se calculará en función dos resultados obtidos no cumprimento dos obxectivos fixados.

Para o ano 2001, os obxectivos e a fórmula de cálculo detállanse nun documento específico asinado pola dirección e o comité de empresa.

O importe deste incentivo de calidade será unha porcentaxe do complemento de productividade de cada persoa, da que o máximo é do 10%.

Artigo 21º.-Pagas extras.

1. Con rateo.

1.1. Enumeración das pagas.

-Paga do padroeiro.

Distribuirase de forma lineal a todo o persoal valorado, sendo o seu importe por traballador de 140.040 pesetas para o ano 2001.

-Paga sinatura convenio.

O importe correspondente a cada nivel salarial é o que figura no anexo VII.

-Paga de asiduidade.

O importe correspondente a cada nivel salarial e o que figura no anexo VIII.

1.2. Dereito á percepción.

As ditas pagas percibiraas o persoal que estea de alta na empresa no momento do seu pagamento. O que ingresase durante o ano percibiraas en proporción ó tempo que leve de alta na empresa.

1.3. Data da súa percepción.

O mesmo día que se liquide a nómina mensual e por doceavas partes de cada unha das citadas pagas.

2. Sen rateo

- Complemento de presencia

A cantidade que se percibirá por este concepto para cada nivel salarial indícase no anexo IX. Descontaranse os tres primeiros días de baixa por enfermidade ou accidente, a non ser que a dita baixa sexa superior a quince días; nese caso o dito desconto non se producirá. Aboarase en dúas pagas coas nóminas de xuño e novembro.

Artigo 22º.-Complemento retributivo por traballar en réxime continuado ou non-stop.

1. Definición do réxime non-stop.

Enténdese como réxime continuado non-stop o sistema de producción dos traballadores a quendas que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido destas.

2. Xornada de traballo e sistema de relevos.

2.1. A xornada laboral para este réxime de traballo será a normal establecida no presente convenio.

2.2. Os traballadores en réxime de quendas, salvo imposibilidade manifesta, deberán comunicarlle ó seu mando inmediato superior coa máxima antelación e dilixencia, calquera incidencia (ausencia, atrasos, etc.) que afecte o réxime de substitucións do seu posto de traballo e, no seu defecto, confirmar este extremo o antes posible, aínda que comezase a xornada que lle corresponda.

Nos postos de traballo a quendas, o traballador saínte que teña que ser substituído non abandonará o seu posto sen que chegue o seu substituto ou sexa debidamente relevado. Para este fin, o mando inmediato superior deberá dispor dos seus relevos ou convir co interesado a prolongación da xornada. A substitución debe realizarse de acordo coa norma aprobada pola dirección o 28-12-1989.

3. Contía e forma de percepción.

3.1. No anexo X indícase o importe que se percibirá mensualmente por cada nivel de cualificación (12 mensualidades) e correspondentes a unha xornada diaria de oito horas de traballo para os dous tipos de non-stop:

A) postos de traballo con 5 homes.

B) postos de traballo con 4 homes.

3.2. O dito importe é o resultado da globalización anual do que o persoal viña percibindo no ano 1983 por nocturnidade (traballo de 22 a 6 horas), quendas ou compensación por xornada continuada e horas de festivo, é dicir, os conceptos que diferencian o persoal que traballa en réxime continuado do que traballa en réxime de xornada partida ou normal.

3.3. Calquera cantidade que a lexislación vixente en cada momento poida adscribir a este persoal para diferencialo do de xornada normal por calquera concepto considerarase absorbida nos valores da táboa acordada ata os valores absolutos dos conceptos diferenciados, considerados no seu conxunto e en cómputo anual non superen os da táboa.

3.4. Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable. A escala que se aplicará de non-stop será a que lle corresponda ó posto os labores do cal se están desempeñando, con independencia da escala á que pertenza a persoa.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Os valores de retribución das horas extraordinarias indícanse no anexo XI, manténdose as normas actuais de funcionamento e bonificación.

Artigo 24º.-Antigüidade.

As cantidades que corresponden a cada traballador figurarán no recibo de salarios co título de Situación persoal, e non poden sufrir ningún incremento por ningún concepto, polo que se considera conxelado o seu importe e a título persoal.

Estas cantidades indícanse no anexo XII. O persoal de novo ingreso non percibirá ningunha cantidade por este concepto.

Artigo 25º.-Paga extraordinaria segundo cash-flow.

1. Xeral.

En función do cash-flow xerado no exercicio 2001, devengarase unha paga extraordinaria de aplicación a tódolos traballadores fixos do cadro de persoal, incluídos os de contrato individual, nas seguintes condicións:

-Para efectos desta paga, o concepto de cash-flow enténdese como a suma alxebraica do resultado despois de impostos máis a dotación para a amortización do inmobilizado e a dotación ó fondo de reversión.

-O salario fixo sobre o que se calcula a dita paga é a retribución bruta anual fixa realmente obtida por cada traballador. Forman parte da retribución bruta fixa os seguintes conceptos:

-Salario convenio.

-Pagas extras.

-Complemento non-stop.

-Paga de situación persoal.

-Complemento persoal.

-A contía que corresponde por esta paga establécese como unha porcentaxe do salario fixo e de forma proporcional ó cash-flow obtido, de acordo cunha liña quebrada con catro tramos que a continuación se definen mediante as seguintes ecuacións, nas que X representa o valor do cash-flow en millóns de pesetas e Y a porcentaxe de salario fixo.

Primeiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 0 e 70 Mpts. Fórmula: Y=(1/70 x X) x 1,05.

Segundo tramo: está comprendido para un cash-flow entre 70 e 200 Mpts. Fórmula: Y= (7/130 x X-36/13) x 1,05.

Terceiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 200 e 500 Mpts. Fórmula: Y= (1/150xX+100/15) x 1,05.

Cuarto tramo: para un cash-flow superior a 500 Mpts. a porcentaxe de salario fixo a distribuír mantense constante nun 10,5%.

A dita paga percibirase no mes de marzo, tan pronto como sexa coñecido o resultado da empresa. En caso de causar baixa ou alta na empresa, durante o ano, percibirán o seu importe por doceavas partes ós meses de permanencia ó servicio da empresa.

Esta paga ten o carácter de non consolidable e poderá ser modificada por dúas causas, a primeira, o seu imprescindible axuste en función da deflación da moeda e a segunda, a súa completa modificación necesaria en caso de cambia-la estructura do negocio.

Artigo 26º.-Gratificacións Nadal e fin de ano.

Ós traballadores a quendas que lles corresponda traballar as noites dos días 24 e 31 de decembro e as mañás e tardes dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro corresponderalles unha gratificación de acordo coa táboa do anexo XIII.

A empresa poderá decidir se se traballa ou non nestes días e en qué quendas.

Capítulo V

Beneficios sociais

Artigo 27º.-Seguros de vida e accidentes.

A empresa manterá con Musini, S.A. os seguros de vida colectivos a favor dos traballadores que voluntariamente o soliciten e que non se adherisen ó plan de pensións que se describe no artigo 30, coas seguintes condicións xerais:

-Con este fin, para o ano 2001 foron contratadas as pólizas nº 41.053.220 nº 41.053.176 e nº 31.000.347.

-Os riscos cubertos por estas pólizas son falecemento, incapacidade permanente absoluta e incapacidade permanente total.

-A relación do persoal, cos seus capitais individualizados, está en poder do comité de empresa así como unha copia das pólizas.

-A prima específica de cada traballador é a sinalada por Musini, S.A. en lista individualizada.

-A idade límite será ó termo da anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

-A repartición do custo total das tres pólizas será o seguinte: o 57,8% das primas correspodentes a cada traballador a cargo da empresa e o 42,2% restante a cargo do propio traballador.

Co fin de simplifica-la xestión, para o ano 2002 a empresa contratará con Musini, S.A., unha soa póliza equivalente ás tres actuais e coas mesmas coberturas e capitais.

Artigo 28º.-Plan social.

a) Prestacións.

a.1) Sempre e cando os resultados o permitan, a empresa seguirá atendendo os diversos actos sociais que se celebran con motivo das festas de Nadal e día do padroeiro.

a.2) Con respecto ó comedor a empresa seguirá facéndose cargo da diferencia entre o achegado polo traballador e o custo total.

Dado o seu reducido custo, tratarase de que o persoal de fábrica o utilice cando, por necesidades de traballo, non poida desprazarse ó seu domicilio. Naqueles casos en que, por razón do horario, non sexa posible acudir ó comedor, a empresa entregaralle ó traballador un vale de comida que poida ser utilizado nos restaurantes próximos concertados.

b) Medicina asistencial.

Comprende este capítulo a axuda que a empresa lles pode prestar ós traballadores naquelas circunstancias económicas polas que atravesen, debido a causas de enfermidade e outras. Estas axudas fixaranse en cada caso atendendo ás especiais circunstancias do solicitante e ás posibilidades da empresa.

c) Complementos de enfermidade e accidente.

Nas situacións de baixa por enfermidade ou accidente, a empresa complementará as prestacións de Seguridade Social ata o 100% nos seguintes conceptos salariais:

-Soldo base.

-Complemento salarial.

-Complemento persoal.

-Pro rata de pagas extras.

Para obter este beneficio será condición indispensable o cumprimento das seguintes condicións:

1. Notifica-la ausencia coa máxima antelación posible e presenta-la baixa dentro do prazo das vintecatro horas seguintes.

2. O tempo de duración da percepción do complemento estará en función do tempo de baixa por enfermidade ou accidente que estivese o traballador durante os doce meses anteriores á baixa presentada, de acordo coa seguinte táboa:

Tempo baixa 12 meses anteriores:Tempo de pagamento do complemento

0 días12 meses

1-7 días8 meses

8-14 días 6 meses

15-21 días2 meses

máis de 21 días0

Esta escala será de aplicación para a primeira baixa do ano natural. En caso dunha segunda baixa, o tempo de pagamento do complemento será a metade, e a partir da terceira baixa non se cobrará complemento.

Para a determinación do tempo de baixa por enfermidade e accidente, consultaranse os partes diarios de traballo correspondentes.

A dirección e comité de empresa conxuntamente poderán acordar un pagamento do complemento que mellore o indicado na táboa, naqueles casos especiais nos que a xuízo dos citados se puidese xustificar.

3. No caso de que a baixa dun traballador desemboque no recoñecemento dunha invalidez permanente total ou absoluta con efectos económicos desde a data de comezo da baixa, o traballador deberá devolverlle á empresa as cantidades percibidas en concepto de complemento de enfermidade ou accidente.

Artigo 29º.-Incentivación por cesamento voluntario.

A cantidade que se percibirá como incentivo por cesamento voluntario será negociada directamente pola empresa con cada interesado, se ben se establecen como cantidades mínimas as seguintes:

Anos de idadeCantidade (pesetas)

603.070.486

612.686.675

622.046.991

631.663.180

641.279.369

Artigo 30º.-Plan de pensións mixto.

De forma alternativa ós seguros de vida e accidentes descritos no artigo 27º, os traballadores poden adherirse ó plan de pensións mixto promovido pola empresa, coa denominación Plan de Pensións de Electroquímica del Noroeste, S.A. que se rexe pola Lei 8/1987, do 8 de xuño, modificada pola Lei 30/1995, do 8 de novembro, o seu regulamento aprobado por R.D. 1307/1988, do 30 de setembro, e demais normas específicas ou concordantes sobre plans de pensións, vixentes en cada momento e polas especificacións do dito plan.

As contribucións ordinarias ó plan de pensións no ano 2001 incrementaranse un 6% sobre as do ano anterior.

Capítulo VI

Actuación sindical na empresa

Artigo 31º.-Actuación sindical na empresa.

1. A actuación sindical na empresa rexerase polas disposicións vixentes en cada momento.

2. A empresa facilitará o labor que teñan que desenvolve-los representantes do persoal, pondo ó seu dispor os medios necesarios.

3. No anexo III indícanse as funcións e garantías do comité de empresa e os dereitos sindicais dos traballadores.

Capítulo VII

Seguridade e saúde laboral

A protección da saúde dos traballadores constitúe un obxectivo básico e prioritario das partes asinantes e consideran que, para alcanzalo, se require o establecemento e planificación dunha acción preventiva na empresa que teña por fin a eliminación ou reducción dos riscos na súa orixe, a partir da súa avaliación, adoptando as medidas necesarias, tanto na corrección da situación existente como na evolución técnica e organizativa da empresa, para adapta-lo traballo á persoa e protexe-la súa saúde.

En cantas materias afecten a prevención da saúde e a seguridade dos traballadores, serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e normativa concordante.

Para estes efectos, ámbalas partes acordan aborda-la aplicación do parágrafo anterior, en consonancia cos criterios e declaracións xerais previstas na mencionada lei, así como os seguintes:

1. Principios xerais.

1.1. Mentres se actualice a lexislación na materia consideraranse como niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no ambiente laboral os valores límites limiar utilizados polos servicios do I.N.S.H.T. do Ministerio de Traballo.

1.2. Levarase o rexistro periódico dos datos ambientais, coa metodoloxía e a periodicidade establecida no sistema integrado de xestión da empresa. Os resultados da mostraxe serán postos á disposición das partes interesadas.

1.3. Todo traballo que despois de efectuadas as medicións contidas no artigo anterior o nivel de risco sexa grave, terá un carácter excepcional e provisional, debendo en tódolos casos fixarse un prazo determinado, para a desaparición deste carácter, sen que isto implique ningún prexuízo para a situación laboral do traballador. Isto comportará necesariamente a prohibición absoluta de realizar horas extraordinarias e calquera cambio de horario que supoña un incremento de exposición ó risco, por

riba dos ciclos normais de traballo previamente establecidos.

1.4. Os riscos para a saúde do traballador preveranse evitando: 1º a súa xeración, 2º a súa emisión e 3º a súa transmisión e só en última instancia se utilizarán os medios de protección persoal contra eles. En todo caso, esta última medida será excepcional e transitoria ata que sexa posible anula-la dita xeración, emisión e transmisión do risco.

1.5. En toda ampliación ou modificación do proceso productivo procurarase que a nova tecnoloxía, procesos ou productos para incorporar non xeren riscos que superen os referidos valores límites limiar. Cando se implante nova tecnoloxía engadiranse así mesmo as técnicas de protección que este tecnoloxía leve anexas.

1.6. Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano á saúde do traballador, derivado do traballo, obrigará en forma perentoria á adopción de tódalas medidas que sexan necesarias para evita-la repetición do dito dano.

1.7. Calquera traballador, sempre que exista un risco demostrado para a súa saúde derivado do seu posto de traballo, poderá recorrer ó comité de seguridade e saúde con carácter de urxencia. Este proporá as medidas oportunas ata que o risco desapareza.

En todo novo proceso que se implante, se non existise normativa legal que regulamentase un nivel de esixencia en materia de prevención de riscos, a empresa confeccionará un proxecto de seguridade, para os efectos legais que proceda. De tal proxecto daráselles coñecemento ós representantes dos traballadores para que emitan informe.

1.8. Nos casos que corresponda terase en conta, en materia de xornada, o previsto no artigo 23 do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, en relación coas limitacións dos tempos de exposición ó risco.

Así mesmo, nos supostos en que exista toxicidade, penosidade ou perigosidade, tenderase en primeiro lugar, á eliminación ou diminución de tales circunstancias.

2. Delegados de prevención.

2.1. Os delegados de prevención serán elixidos de entre o cadro de persoal do centro de traballo, polos representantes dos traballadores conforme a escala establecida no artigo 35 da lei.

2.2. No que se refire ás súas competencias e facultades aplicarase o previsto no artigo 36 da Lei 31/1995.

2.3. Será de aplicación ós delegados de prevención o previsto no artigo 37 da Lei de prevención 31/1995, na súa condición de representantes dos traballadores. Poderán utilizar horas sindicais para o desenvolvemento da súa actividade como tales.

Non obstante o anterior, será considerado en todo caso como tempo efectivo de traballo, sen imputación

ó crédito horario, o correspondente ás reunións do comité de seguridade e saúde e a calquera outra convocada polo empresario en materia de prevención de riscos, así como o destinado ás visitas previstas nas letras a) e c) do número 2 do artigo 36 da Lei 31/1995, do 9 de novembro.

Así mesmo, e sen prexuízo do previsto na lei ó respecto, disporán ó ano dun máximo de 16 horas cada un deles para asistir a cursos sobre prevención de riscos laborais impartidos por organismos públicos ou privados competentes na materia, debendo acreditarse a asistencia a este.

3. Comité de seguridade e saúde.

3.1. Cando o cadro de persoal sexa de cincuenta ou máis traballadores constituirase un comité de seguridade e saúde, que estará formado, tal e como se prevé no artigo 38 da mencionada lei, polos delegados de prevención, dunha parte, e polo empresario e/ou os seus representantes en número igual ó dos delegados de prevención da outra.

Participarán con voz pero sen voto nas reunións do comité de seguridade e saúde: os delegados sindicais, os responsables técnicos da prevención na empresa (non incluídos na composición do comité de seguridade e saúde), traballadores con especial cualificación ou información respecto de concretas cuestións que se debatan e técnicos de prevención alleos á empresa, sempre que así o solicite unha das representacións no comité. A reunión será trimestral e sempre que o solicite algunha das representacións nel. O comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

3.2. O empresario, co fin de dar cumprimento ó deber de protección establecido na lei de referencia, adoptará as medidas adecuadas para que os traballadores reciban tódalas informacións necesarias en relación cos puntos previstos no seu artigo 18º, número 1 e seguintes.

4. Vixilancia e prevención do risco.

A dirección da empresa, asesorada tecnicamente polos servicios de prevención e de acordo co establecido no Real decreto 39/1997, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención, leva a cabo:

a) A avaliación de riscos do centro de traballo.

b) A elaboración dun plan xeral de prevención.

En aplicación do artigo 24 da Lei de prevención de riscos laborais, a dirección da empresa, nos centros de traballo da cal desenvolvan a súa actividade traballadores doutras empresas, realizará un seguimento regular da aplicación a estes traballadores das normas de seguridade e saúde correspondentes á actividade que realizan, presentando o balance deste seguimento no comité de seguridade e saúde

da empresa coa mesma periodicidade có do cadro de persoal propio da empresa.

5. Avaliación dos riscos.

Neste punto aplicarase o previsto no artigo 16 da lei e o regulamento anteriormente citados, dándoos por reproducidos na súa integridade.

6. Vixilancia da saúde.

6.1. O empresario garantiralles ós traballadores ó seu servicio a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo, nos termos previstos no artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais.

6.2. A información recollida como consecuencia desta vixilancia, tal e como se prevé na lei, respectará sempre o dereito á intimidade e dignidade da persoa do traballador, e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde.

6.3. Recoñecementos médicos. Os recoñecementos médicos que se efectúen deberán ser específicos, adecuándose ás materias primas ou auxiliares que se manipulen en cada centro de traballo. Estes recoñecementos serán de periodicidade máxima anual.

6.4. Aqueles traballadores e grupos de traballadores que polas súas características persoais, polas súas condicións de maior exposición a riscos ou por outras circunstancias teñan maior vulnerabilidade a este, vixiados de modo particular.

7. Programas, orzamentos e controis.

O comité de seguridade e saúde será debidamente informado acerca dos programas anuais destinados á protección da saúde do traballador, así como do montante do orzamento destinado á súa execución. Acto seguido emitirá opinións e dictame acerca deste nos termos establecidos na Lei de prevención de riscos laborais.

8. Tecnoloxía e organización do traballo.

O comité de seguridade e saúde deberá ser informado de todas aquelas decisións relativas á tecnoloxía e organización do traballo que teñan repercusión sobre a saúde física e mental do traballador.

9. Protección á maternidade.

O empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente ós riscos determinados na avaliación que se refire no artigo 16 da Lei 31/1995, que poidan afectar á saúde das traballadoras ou do feto, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada, nos termos previstos no artigo 26 da mencionada lei e de conformidade co cal se terá en conta, así mesmo, as posibles limitacións na realización de traballo nocturno e a quendas.

Capítulo VIII

Ambiente

Artigo 33º.-Actuación en defensa y protección del ambiente.

As partes asinantes deste convenio consideran necesario que as empresas actúen de forma responsable e respectuosa co ambiente e prestando gran atención á súa defensa e protección de acordo cos intereses e preocupacións da sociedade.

Para estes efectos, a empresa debe adoptar unha actitude permanente, responsable e visible en materia de ambiente e, ó mesmo tempo, conseguir que o esforzo que estea desenvolvendo a industria neste campo, e o que se realice no futuro, así como os seus resultados, sexan coñecidos adecuadamente valorados pola sociedade e as administracións competentes.

Considérase fundamental para estes fins a realización de actividades tendentes a consegui-los seguintes obxectivos:

-Promover e conseguir unha actuación responsable da empresa en materia de ambiente, concretando as medidas que hai que adoptar.

-Establecer uns obxectivos cualitativos e cuantitativos de mellora co fin de facer visible, respecto a eles, o progreso que se consiga.

-Demostrarlle á sociedade o comportamento responsable da empresa, mediante o emprego de técnicas de boa xestión ambiental e a comunicación dos resultados obtidos.

-Mellora-la credibilidade da empresa e aumenta-la confianza da sociedade e das administracións públicas mediante demostracións e feitos concretos.

Todo iso debe ser obxecto de permanente e compartida preocupación, tanto da dirección da empresa como dos representantes dos traballadores, e para este efecto daráselles conta a estes últimos, nas reunións do comité de empresa, de todas estas materias.

Disposicións adicionais

Primeira.-Reducción do absentismo.

As partes asinantes do convenio comprométense a continuar, de común acordo, os estudios necesarios, co fin de reduci-lo absentismo.

Segunda.-Productividade.

As partes asinantes comprométense a realizar conxuntamente os estudios que procedan, co fin de mellorar en todo o posible os valores actuais de productividade.

Terceira.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional é a consecuencia da facultade da dirección para organiza-lo traballo co fin de logra-la plena ocupación e o pleno emprego de todos e cada un dos traballadores, así como a consecuencia dunha mellor e máis racional explotación da fábrica.

A empresa e os representantes dos traballadores son conscientes da necesidade de mellora-la calidade dos productos e os custos da empresa.

Os traslados que sexan necesarios realizaranse informando o comité de empresa sobre as causas que os producen.

O dito comité de empresa, ademais de coñece-las causas anteditas, coñecerá e será oído en relación cos plans de formación que se programen para adapta-los traballadores ós seus novos cometidos, se estes plans fosen necesarios, ademais de recibir información sobre o aproveitamento e os resultados dos ditos cursos.

1. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores por período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso ante a dirección da empresa.

2. O prazo indicado no punto anterior non será de aplicación en casos de substitución, incapacidade laboral transitoria, invalidez provisional, vacacións, licencias e excedencias, dos que a concesión sexa obrigatoria para a empresa. Nestes últimos supostos, a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que a motivasen sen que outorguen dereito á consolidación do posto; pero si á percepción da diferencia económica durante a substitución se esta existise.

3. Se o cambio do posto de traballo tivese orixe por petición do traballador, asignaránselle as percepcións que corresponden ó novo posto.

4. Non se considerarán traballos de nivel inferior os realizados polo traballador para a conservación e limpeza da zona de traballo, maquinaria, instalacións e utensilios que utilice, por considerarse este labor propio das súas funcións.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non previsto e regulado neste convenio será de aplicación o disposto no convenio xeral de industrias químicas e nas normas oficiais vixentes sobre a materia de que se trate.

Segunda.-A validez deste convenio colectivo queda supeditada ó seu rexistro pola autoridade laboral competente. A empresa, acepta que entre en vigor desde o momento da súa sinatura e con efectos desde a data indicada no artigo 4º.

Se o convenio non fose rexistrado, as cantidades que supoñan a aplicación deste convenio serán, en todo caso, consideradas a conta da que corresponda segundo o convenio definitivo.

E en proba de conformidade, é asinado polas partes, na representación que desempeñan, en Pontevedra o 29 de xuño de 2001.

ANEXO I

En Pontevedra, 2 de xaneiro de 2001, reunido o comité de empresa de Eletroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa), constituído legalmente tralas eleccións realizadas o 11 de xaneiro de 1999.

Recoñece e certifica, mediante o presente escrito, que o comité está plenamente facultado para a negociación e sinatura do convenio colectivo que terá vixencia do 1-1-2001 ó 31-12-2001. O dito comité está formado polas seguintes persoas:

José Luis Montes Iglesias.

Antonio Torres Abal.

Mercedes González Millares.

Rosendo Rodríguez Fernández.

Alberto Cordero Placer.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase o presente escrito en Pontevedra na data anteriormente citada.

ANEXO II

José M. Seoane García, director xeral de Elnosa.

Certifica: que Alberto González Rodríguez, director de operacións, está facultado pola empresa para a negociación e, se é o caso, resolución, dentro das directrices dimanadas do propio consello de administración do convenio colectivo que regule as relacións laborais durante o período comprendido entre o 1-1-2001 ó 31-12-2001.

E para que conste, expido a presente certificación en Pontevedra, 2 de xaneiro de 2001.

ANEXO III

I. Comité de empresa.

1. Funcións.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

1.1. Ser informado pola dirección:

1.1.1. Trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.1.2. Anualmente, coñecer e ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados, a memoria e cantos documentos se lles dean a coñecer ós socios.

1.1.3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, cerres totais ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

1.1.4. En función da materia de que se trata:

1.1.4.1. Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das

establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.1.4.2. Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

1.1.4.3. Facilitaráselle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente se utilicen, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

1.1.4.4. Sobre sancións impostas por faltas moi graves, e en especial en supostos de despedimento.

1.1.4.5. No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices e sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e os ascensos.

1.2. Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.3. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1.3.1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos de empresa en vigor, formulando se é o caso as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

1.3.2. A calidade da docencia e da efectividade dela nos centros de formación e capacitación da empresa.

1.3.3. As condicións de seguridade e saúde no desenvolvemento do traballo na empresa.

1.4. Colaborar coa dirección para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

1.5. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

1.6. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós puntos 1.1.1. e 1.1.2. deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

1.7. O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

2. Garantías.

2.1. Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se achase recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia no centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2.2. Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

2.3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa, nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

2.4. Disporán do crédito de horas retribuídas que a lei determine.

Os membros do comité de empresa poderán renunciar a parte destas horas ou a todas elas, acumulándose nun ou en varios destes membros do comité, sen supera-lo máximo total que determina a lei. Se esta acumulación acadase o número de horas anuais de traballo, podrán ser substituídos del sen prexuízo da súa remuneración.

Tódolos afectados por estas renuncias asinarán unha acta dela na que constará a aceptación daquel ou aqueles en que se acumulen, e faraa chegar á dirección da empresa. As renuncias e as conseguintes acumulacións terán unha duración mínima dun ano.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados, e polo que se refire á realización de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada por ámbito de negociación referido.

2.5. Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos e formación e outras entidades.

En relación co indicado nos puntos 2.4 e 2.5 a dirección deberá saber coa suficiente antelación os días nos que polos motivos que se sinalan non se vai asistir ó traballo, debendo, ademais, xustificar debidamente as ausencias.

II. Actuación sindical.

1. A empresa.

1.1. Respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente.

1.2. Admitirá que os traballadores afiliados a un sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

1.3. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie na súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. Os sindicatos poderán remitir información á empresa se dispoñen de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída, fóra das horas de traballo, e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

3. Existirán taboleiros de anuncios nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións; para iso solicitarán autorización previa á dirección.

4. Excedencia.

Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que teña cargo sindical de relevancia provincial, a nivel de secretario do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á empresa se o solicitase no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño del.

5. Participación nas negociacións de convenios colectivos.

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas nacionalmente, e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, que sexa traballador en activo do centro de traballo de oficinas centrais seranlles concedidos permisos retribuídos, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) estea afectada pola negociación en cuestión.

6. Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que, a xuízo dalgunha das partes, caiba cualificar de antisindicais, rexerá o disposto nas leis.