Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a notificación da resolución dictada por esta consellería en data 1 de xuño de 2001 no procedemento de validación de formación equivalente para o desempeño de funcións de nivel superior de técnico de prevención de riscos laborais.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa física que a continuación se menciona a resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en data 1 de xuño de 2001, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 27 de xaneiro de 2000 dictada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais, expediente número 310/1999, que na súa parte disposiva dispón o seguinte:

«Desestima-lo recurso de alzada presentado por Jesús Santiago Fernández Domínguez, con DNI

33810413, confirmando en tódolos seus extremos a Resolución do 27 de xaneiro de 2000 dictada polo director xeral de Relacións Laborais».

En virtude do disposto no artigo 116 e concordantes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Expediente número: X1842A 2000/29-0.

Interesado: Jesús Santiago Fernández Domínguez.

DNI: 33810413.

Último enderezo coñecido: avda. Poeta Ramón Cabanillas, nº 4-3º C, 27004-Lugo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais