Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de setembro de 2001, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Ribeira e Pontedeume.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 27 de setembro de 2001, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Ribeira e Pontedeume, pertencentes á provincia da Coruña, de acordo co disposto no artigo 16º do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo