O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 27 de setembro de 2001, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar municipio turístico galego o concello da Veiga, pertencente á provincia de Ourense, de acordo co disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.
En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo