Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Restauración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B.

Subscrito o convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio para a execución do proxecto do parque empresarial de Penapurreira. Etapa B procede á publicación deste, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B.

Na cidade de Madrid, 10 de xullo de 2001.

Dunha parte,

José Folgado Blanco, secretario de Estado de Economía, de Enerxía e da Pequena e Mediana Empresa, nomeado polo Real decreto 569/2000, do 28 de abril, na súa calidade de presidente do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Doutra,

Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, nomeado por Decreto 255/1999, do 24 de setembro, que en virtude do disposto no artigo 3 da orde da Consellería de Industria e Comercio do 9 de decembro de 1999, sobre delegación das competencias en materia de subscrición de convenios no secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 243, do 20 de decembro), reclama neste acto para si o exercicio da competencia delegada pola anterior orde.

Ámbolos dous recoñécense, na representación que presentan capacidade para formaliza-lo presente convenio de colaboración específico para a execución do proxecto o parque empresarial de Penapurreira. Etapa B e en desenvolvemento do protocolo de colaboración subscrito o día 11 de febreiro de 1998 entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizado por Acordo Suplementario do 15 de decembro de 2000, e en virtude das competencias que ámbalas partes se recoñecen no citado protocolo, e para tal efecto,

EXPONEN:

Que o proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B se encontra recollido, entre os que se executarán, no anexo ó protocolo de colaboración subscrito entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que a cláusula quinta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia, prevía que en convenios de colaboración específicos adicionais ó citado protocolo se determinaría, entre outras, as seguintes cuestións:

-As actuacións que se van realizar en desenvolvemento dun proxecto de infraestructuras, en concreto, o prazo de execución, o custo e a xustificación das actuacións para a súa realización.

-Unha vez adxudicada a obra, os termos en que se realizarán as achegas económicas da Administración Xeral do Estado, en concreto, do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

-Calquera outra cuestión que se estime conveniente para o mellor desenvolvemento do convenio de colaboración específico de execución do proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B e do protocolo de referencia.

Que consideran conveniente proceder ó desenvolvemento do protocolo de colaboración na Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, a realización do proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B e, que para iso,

ACORDAN:

Primeiro.-Desenvolve-las actuacións necesarias en execución do proxecto de parque empresarial de

Penapurreira. Etapa B, sendo o custo de dous millóns trinta e sete mil douscentos cincuenta euros e setenta e tres céntimos (2.037.250,73 euros).

Segundo.-De acordo co previsto na cláusula terceira do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternatiuvo das Comarcas Mineiras financiará as actuacións previstas neste convenio de colaboración específico cunha achega económica que non superará os dous millóns trinta e sete mil douscentos cincuenta euros e setenta e tres céntimos (2.037.250,73 euros).

A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia dedicará os fondos transferidos a financia-los investimentos na contía de dous millóns trinta e sete mil douscentos cincuenta euros e setenta e tres céntimos (2.037.250,73 euros).

O instituto resérvase a facultade de non financiar aquelas actuacións do proxecto de desenvolvemento que considere non adecuadas ós fins do convenio de colaboración específico ou cando a execución posterior non sexa conforme o proxecto.

Terceiro.-1. As achegas realizaranse con cargo ós orzamentos do Instituto para la Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras para o ano 2001, aplicación orzamentaria 24.101.741A.751, ou se é o caso, ós da anualidade correspondente, con suxeición á existencia de crédito e habilitación legal para iso.

2. O instituto transferirá os fondos á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia do modo seguinte:

2.1. O 25% do importe do proxecto de parque empresarial de Penapurreira. Etapa B no ano 2001, cando se produza a adxudicación da obra obxecto do investimento.

2.2. O 50% do importe do citado proxecto no ano 2002, cando a execución deste se teña efectuado en igual porcentaxe, e se teñan recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado ós fondos.

2.3. O 25% restante no ano 2002, cando se teña executado a totalidade do devandito proxecto, e se teñan recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado ós fondos.

Xuntamente co anterior, será preciso presenta-la memoria de execución e o informe ós que fai referencia a cláusula quinta do protocolo de colaboración.

Si a Comunidade Autónoma acredita a necesidade de realizar actuacións avaliables economicamente con carácter previo á adxudicación da obra, poderase anticipar o seu custo ata un máximo do 10% do financiamento deste proxecto antes da citada adxudicación. Neste caso, aboarase a porcentaxe restante ata o 25% á adxudicación da obra.

3. As modificacións que superen a achega económica fixada no epigrafe 2º deste convenio de colaboración específico para financia-las actuacións previstas en execución deste formalizarase, se é o caso, mediante addenda, cumprindo os trámites legalmente esixidos e logo de informe da Comisión de Seguimento e Avaliación.

Cuarto.-O presente convenio ten natureza administrativa, sendo o réxime xurídico aplicable a este, o establecido no título I da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En materia de interpretación, modificación e resolución en xeral das cuestións non consideradas no citado protocolo, aplicaranse as normas de dereito administrativo, cando así sexa necesario.

Quinto.-A execución das actuacións que se recollen no epígrafe primeiro deberá ter lugar no prazo de dous anos desde a sinatura do presente convenio. A xustificación das devanditas actuacións deberá producirse dentro dos catro meses seguintes á finalización da execución. Non obstante, o devandito prazo poderá ser ampliado polas entidades asinantes, logo de petición da comisión mixta de seguimento e avaliación, cando algunha circunstancia sobrevida así o aconselle e formalizándose para tal efecto. No caso de que a devandita ampliación de prazo supuxera modificación da distribución do gasto en anualidades, será sometida ós preceptivos actos de fiscalización e aprobación.

E en proba de conformidade, asinan os intervenientes no lugar e data indicados no encabezamento.