A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de setembro de 2001, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o estudio de detalle da AR-10, Lalín.
De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e para presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.
Lalín, 20 de setembro de 2001.
O alcalde-presidente
Rubricado