Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de licitación.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia de tramitación: Secretaría Xeral.

1. Obxecto: obras de reposición de pavimentos FCL/2001.

2. Procedemento: aberto.

3. Forma: concurso.

4. Trámite: urxente.

5. Orzamento: tipo de licitación: 25.439.899 pesetas, equivalentes a 152.896,87 euros.

6. Prazo de execución: tres meses.

7. Fianzas: a fianza provisional fíxase no 2% do tipo de licitación, e a definitiva no 4%.

Constituirase outra fianza complementaria equivalente ó catro por cento da cantidade que se oferte como obras de mellora incluídas no anexo.

8. Certificacións: nos impresos-modelo aprobados pola Xunta de Galicia (facilitaranse no departamento de Contratación da Secretaría Xeral).

A certificación final non será inferior ó 30 por cento do custo da obra. Con ela achegarase a acta de recepción.

As certificacións das obras de mellora que oferte o contratista faranse nos modelos do concello. A

totalidade destas deberá estar certificada e recibida cando se presente a última certificación do proxecto principal.

9. Proposicións: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

As plicas presentaranse pechadas e en tres sobres distintos, das 9 ás 13 horas, no rexistro de plicas constituído na secretaría xeral; de ser sábado ou inhábil trasladaríase ó primeiro día seguinte hábil. Resto de información: ver prego.

10. Valoracións para resolve-lo concurso: ver prego.

11. Apertura de plicas: ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo sinalado para a presentación de plicas.

13. Adxudicación definitiva: pola comisión municipal de goberno.

14. Gastos: os gastos de anuncios e similares serán por conta do licitador-adxudicatario.

15. Información pública do prego: polo prazo e nos termos do artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, en relación co 71 do R.D. lex. 2/2000.

Outras informacións: ver prego.

A Estrada, 17 de agosto de 2001.

O alcalde accidental

Rubricado