Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de licitación.

1. Obxecto.-Adquisición de mobiliario para equipamento da escola infantil municipal de catro unidades, segundo prescricións técnicas redactadas polo enxeñeiro técnico municipal Ramón Brea Villaverde, que forman parte do expediente de contratación e do futuro contrato administrativo que no seu momento se formalice.

2. Procedemento de concorrencia de licitadores.-Aberto.

3. Forma de adxudicación.-Concurso.

4. Tramitación.-Urxente.

5. Financiamento.-Partida orzamentaria: 313.625.01.

6. Tipo: 6.997.220 pesetas (42.054,14 euros), á baixa (IVE incluído).

7. Pagamento do prezo.-Contra entrega da subministración, como máximo dentro do prazo de 10 días naturais seguintes ó da formalización do contrato administrativo.

8. Capacidade para contratar.-Segundo o prego publicado no BOP.

9. Garantía provisional.-A garantía provisional será de 139.944 pesetas, equivalentes a 841,08 euros, que é o 2% do tipo de licitación.

10. Garantía definitiva.-4% do prezo do contrato.

11. Presentación de proposicións.-As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións, das 9 ás 13 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación extractado no Diario Oficial de Galicia, por declararse esta contratación urxente. De ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día hábil inmediatamente seguinte.

Non se admitirán proposicións por correo.

As propostas presentaranse en dous sobres que conterán a documentación que se precisa no prego publicado no BOP.

12. Apertura das proposicións.-Ás 12 horas do día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación de plicas. De ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

13. Criterios para a adxudicación.-Menor prezo ofertado, mellor calidade do mobiliario, melloras ofertadas non incluídas no proxecto, garantías contra calquera anomalía, e extensión temporal dela.

14. Gastos do concurso.-Por conta do adxudicatario.

15. Revisión de prezos.-No se admite.

16. Responsable do contratista por vicios ou defectos durante o prazo de garantía.-Segundo o prego publicado no BOP.

17. No non establecido neste prego observarase o disposto no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e demais normativa de aplicación.

18. Modelo de proposición.-Segundo o prego publicado no BOP.

19. Información pública do prego.-Polo prazo e nos termos do artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, en relación co 71 do Real decreto lexislativo 2/2000.

20. Información adicional.-Na dependencia de Tramitación (Secretaría Xeral. Tlf: 986 57 01 65, ext: 320) desta entidade adxudicadora.

A Estrada, 29 de agosto de 2001.

O alcalde accidental

Rubricado