Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada con data 16 de agosto de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mondoñedo.

Segundo.-Acorda-la súa exposición pública así como de toda a documentación de carácter com

plementario por un período dun mes a contar desde a publicación do correspondente anuncio no DOG.

Terceiro.-Decreta-la suspensión do outorgamento de licencias naquelas zonas onde as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento por un prazo dun ano prorrogable noutro máis agás que se produza con anterioridade á aprobación definitiva do planeamento.

Mondoñedo, 21 de agosto de 2001.

Luis Rego Valcarce

Alcalde