Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da obra de reforma da planta baixa da antiga vivenda do conserxe do Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela, para a Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 43/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: obra de reforma da planta baixa da antiga vivenda do conserxe do Hospital Gil Casares

de Santiago de Compostela, para a Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento: 22.761.276 pesetas (vintedous millóns setecentas sesenta e unha mil duascentas setenta e seis pesetas), IVE incluído, 136.798,02 euros (cento trinta e seis mil setecentos noventa e oiot euros con dous céntimos).

3. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (455.226 pesetas, 2.735,96 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Construiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

5. Prazo de execución: tres meses, nos termos previstos no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen para esta contratación.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: xustificarase mediante a acreditación da correspondente clasificación.

8. Solvencia técnica: xustificarase mediante a acreditación da correspondente clasificación.

9. Criterios de adxudicación: segundo o punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na copistería Copynino; r/ Xeneral Pardiñas, nº 2 15701 Santiago de Compostela, en días laborables das 9.30 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas. Para calquera outra información deberán dirixirse ó Servicio de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n 15706 Santiago de Compostela; teléfono 981 95 02 60.

11. Clasificación: a clasificación, suficiente e non caducada, que habilita para contrata-las obras definidas no prego, é a seguinte: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Hospital Clínico Universitario

de Santiago de Compostela