Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-439/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-439/01 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindolle o interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-439/01.

Inculpado: Galega de Reformas y Contratas, S.L.

Domicilio: r/ Santo Tomás nº 23-25, 15002 A Coruña.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 1-8-2001.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña