Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión de data 14 de xuño do ano que andamos, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes nas parcelas números 33 e 34 da unidade de execución número 25 de Sigrás, elaborado polos arquitectos Antonio González Gil e Marcial Mosquera Lorenzo, e promovido por Mercedes Arguerey Cabana, en representación de Casas 33, S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte á última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses a contar desde o día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 y 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Cambre, 20 de xuño de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde