De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), noti
fícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-366/01 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-366/01.
Inculpado: Mª del Carmen Gesto Nieto (Cine Yago).
Domicilio: Rúa do Vilar 51-53, 15705 Santiago de Compostela.
Motivos: non ter follas de reclamacións.
Data da iniciación: 1-8-2001.
A Coruña, 3 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña