Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da confederación Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia (UPTA Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da confederación Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia (UPTA Galicia) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación as asociacións e federacións provinciais constituídas por profesionais e traballadores autónomos.

Asinan a acta de constitución: José Conde García e Jesús Fernández Rodiño, representantes da Federación de Organizacións de Autónomos e Profesionais da Provincia de Pontevedra, e José M. Muiños Núñez, José Manuel Liste García e Manuel González Pérez, en representación da Organización de Autónomos e Profesionais da Provinica de Ourense.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais