Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-2286/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-2286/00 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o

día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-2286/00.

Denunciado: U.P. Aula Magna, S.L.

Enderezo: r/ Francisco Mariño nº 3-3º I, 15004 A Coruña.

Sanción e motivos: 100.000 pesetas (cen mil pesetas) por obstrucción ó labor inspector.

Data de resolución: 20-7-2001.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña