Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/88-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Comoldes, S.C.L.

Domicilio social: r/ Nº 6. Polígono industrial S.C. das Viñas, 32000 San Cibrao das Viñas.

Denominación: L.M.T. e C.T., Comoldes, S.C.L.

Situación: pol. ind. S. Cibrao das Viñas, San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 40 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe no C.T. nº 32 C.A. 35 de Unión Fenosa, S.A. e remata no C.T. en caseta prefabricada proxectado con 630 kVA, r/t 20.000/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións