Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación das obras de rehabilitación da Casa dos Oficios do Mar e Escola de Vela na illa de San Simón-Redondela (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, do seguinte contrato de obras:

Rehabilitación da Casa dos Oficios do Mar e Escola de Vela na illa de San Simón. Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: douscentos vinteoito millóns cincocentas oitenta e dúas mil setecentas corenta e catro pesetas (228.582.744 pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: vintedous (22) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

Grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N =754

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo