Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran definitivas as puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Pola Resolución do 20 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo) publicáronse as puntuacións e a anulación dalgunhas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición, segundo dispón o punto 11 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Á vista das reclamacións presentadas en prazo contra as puntuacións dese primeiro exercicio, logo de informe técnico de nova corrección, cómpre declaralas definitivas, coas modificacións oportunas, de se-lo caso, polo que, esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar definitivas as puntuacións acadadas polos aspirantes presentados ó primeiro exercicio da fase de oposición das diferentes categorías publicadas pola Resolución do 20 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo), e desestimar tódalas reclamacións presentadas polos interesados.

Segundo.-Incluí-los seguintes aspirantes, coa súa puntuación, na relación da correspondente categoría, omitidos na anterior listaxe:

Marta Pereira Portela, DNI 52493949 (ATS/DUE): 53,833 apto.

Fátima López Espiño, DNI 32692060 (auxiliar de enfermería): 45,500 non apto.

Mª del Pilar Naveira Cañas, DNI 32812692 (auxiliar de enfermería): 19,000 non apto.

Mª Encarnación García Rama, DNI 32435749 (auxiliar da función administrativa): 66,250 apto.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos