Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.137

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de setembro de 2001 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación Intersindical Galega acordou a substitución dos seus membros titulares e suplentes, representantes no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 161/2000, do 29 de xuño (DOG do 3 de xullo), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación de Confederación Intersindical Galega, a Fernando Roberto Acuña Rúa, en substitución de Ramiro Oubiña Parracho, e a Antolín Alcántara Álvarez en substitución de Alfonso Tellado Sande.

Artigo 2º

Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega, a Ramiro Oubi

ña Parracho, en substitución de Xosé Lois Romero Falque, e a Manuel Currás Meira, en substitución de Xesús Eladio Seixo Fernández.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais