Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.137

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se substitúe un vocal titutar e un vocal suplente do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e dos suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade.

Así mesmo, o artigo 15º establece que os consellos provinciais teñen iguais funcións e funcionamento que o Consello Galego de Servicios Sociais e en concordancia co punto 3º do artigo 5 establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por resolución do 14 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, noméanse os vocais titulares e suplentes do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

Recibida comunicación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia que na sesión da súa Xunta de Goberno do día 1 de xuño de 2001, de acordo co punto 4. Do artigo 5 do mencionado Decreto 336/1994, do 27 de outubro, acorda a substitución dos representantes da dita corporación.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 e concordantes do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, por proposta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia

RESOLVO:

Substituír a Ángeles Penedo Pita e Mª Jesús Santos Santos e nomear nos seus postos de vocal e suplente a Mª Asunción Loredo Conde como vocal titular e a Mª José Vázquez Vázquez como vocal suplente en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1988.

Ourense, 30 de agosto de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense