Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (214/2000).

José Antonio Vázquez Tain, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Vilagarcía de Arousa.

Fago saber que na peza separada de declaración de herdeiros ab intestato dimanante do xuízo de ab intestato número 214/2000 seguido ante este xulgado polo falecemento sen testar de Teresa López Pais, nada o día 25 de febreiro de 1919 en Laxe (A Coruña), filla de Pilar; acordouse por resolución de data 3 de setembro de 2001, chama-los que se crean con dereito á súa herdanza para que comparezan neste xulgado a reclamala dentro de dous meses contados desde a publicación deste edicto, acreditando o seu grao de parentesco coa causante, baixo apercibimento de que, de non verificalo, recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Dado en Vilagarcía de Arousa o 3 de setembro de 2001.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado