Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (23/2001-O).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión.

Fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de declaración de falecemento nº 00023/2001, seguidos por instancia de María Victoria Outes Ruibo, para a declaración de falecemento de Víctor Manuel Rodríguez Insua, nado en Fisterra, o 16 de marzo de 1972, e co último domicilio coñecido en Fisterra e que desapareceu no mar o día 5 de maio de 1998, cando se atopaba traballando no barco de pesca denominado Madre Perfecta, a unhas 400 millas de Fisterra, sen que desde entón se tivesen noticias súas; se vivira nestas datas o desaparecido tería 28 anos.

E para a súa inserción no DOG, para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación co 193 e concordantes do Código civil, expido e asino o presente edicto en Corcubión o vinteún de xullo de dous mil un.

O secretario

Rubricado