Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001 pola que se convoca, mediante concurso aberto, a contratación da 2ª fase das obras de reforma e adaptación no edificio de servicios múltiples de Monelos da Coruña.

1. Obxecto: 2ª fase das obras de reforma e adaptación no edificio de servicios múltiples de Monelos da Coruña.

2. Garantía provisional: 2.360.547 pesetas

(14.187,17 euros).

3. Garantía definitiva: 4.721.094 pesetas

(28.374.35 euros).

4. Clasificación: grupo C; subgrupos todos; categoría E.

5. Orzamento: 118.027.350 pesetas

(709.358,65 euros).

-Anualidade 2001: 5.000.000 de pesetas

(30.050,60 euros).

-Anualidade 2002: 113.027.350 pesetas

(679.308,05 euros).

6. Prazo de execución: cinco meses.

7. Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará a disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no Edificio Central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, e na dirección da Internet: http.//www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=757.

As fotocopias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., praza de Mazarelos, 14, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55, mediante aboamento do seu importe.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó remate do prazo para presenta-las ofertas. Se este fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública