Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da concesión administrativa do servicio de instalación, limpeza, mantemento e reposición de colectores e papeleiras no termo municipal de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: limpeza, número de expediente: 12563/220.

2. Obxecto do contrato. Descrición: contratación da concesión administrativa do servicio de instalación, limpeza, mantemento e reposición de papeleiras e colectores.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 16 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 310.307.189 pesetas (1.864.983,76 euros).

5. Garantía provisional: 100.000.000 de pesetas (601.012,10 euros).

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista na cláusula XIX, letras d) e f) do prego de cláusulas administrativas.

Otros requisitos:

8. Presentación de ofertas. Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XIX do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 20 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde