Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial Baruxáns (expediente 5823/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 26 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmnete o Plan parcial de Baruxáns, na parroquia de Bembrive (nº de expediente 5823/411), presentado pola Asociación de Propietarios de PAU Baruxáns, e redactado polos arquitectos María Asunción Leboreiro Amaro e Javier Alonso Davila, con documentación técnica con visados do COAG de datas 23-2-200, 10-7-2000 e 24-7-2001.

Segundo.-Con anterioridade á aprobación definitiva do expediente proceder á corrección dos extremos postos de manifesto no informe técnico da Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia, relativos a:

1. Expresar claramente que a parcelación que figura no plan parcial é a título indicativo, eliminando da memoria do plan parcial precisións ó sistema de compensación, que deberá rexerse unicamente polo indicado na lei (páxina 26, 3º e 4º parágrafo, p, punto 1.5 da memora, páxinas 40 e 41, e plano p-05).

2. No punto D.8 da memoria establecer que a propiedade deberá sumi-lo mantemento dos novos espacios libres e verdes cedidos, de conformidade co disposto no punto 3.2.3.5.b) in fine do vixente PXOU 93, así como a obriga de establecer unha garantía polo 100% do orzamento da obra, con motivo do proxecto de urbanización.

Terceiro.-Procédase á apertura do trámite de información pública por prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación provincial e notificación individual ós propietarios do sector, na forma legalmente prevista.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificacións nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo de Vigo