Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública da modificación puntual número 23 do PXOU relativa ó PERI IV-01 San Roque A (expediente 6527/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 30 de xullo de 2001, acordou aprobar incialmente a modificación puntual nº 23 do PXOU de Vigo, relativa ó PERI IV-01 San Roque A (expediente 6527/411), segundo a documentación redactada polos servicios técnicos municipais da Oficina de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.

A documentación deste expediente está á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren desco

ñecidos ou por se ignora-los seus domicilios, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental