Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 25 de setembro de 2001, adoptou o acordo que na parte dispositiva di:

«Primeiro.-Suspender polo prazo dun ano o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos e edificación nas seguintes áreas:

a) Solo clasificado como urbano polas normas subsidiarias no núcleo urbano de Sanxenxo.

b) Solo clasificado como urbano polas normas subsidiarias no núcleo urbano de Portonovo.

Segundo.-Suspender polo prazo dun ano o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e a totalidade de usos en tódolos solos aptos para urbanizar nas normas subsidiarias.

Terceiro.-Excluír das suspensións ás que se refiren os parágrafos precedentes aquelas actuacións de calquera das administracións públicas nas ditas áreas.

Cuarto.-Excluír da suspensión á que se refire o punto primeiro (solo urbano) todas aquelas solicitudes de licencia que se presentasen antes da adopción deste acordo».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse directamente, e no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio, o recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da xurisdicción contencioso-administrativa, de acordo co disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso postestativo de reposición, que deberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 62 e 63 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, perante o mesmo órgano que dictou o acto administrativo e no prazo dun mes, e de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 26 de setembro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde