Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para o asesoramento en materia de tráfico ó Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Seguridade, Circulación e Transportes. Nº de expediente 66586/210.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para o asesoramento en materia de tráfico e transportes para o Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación : ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 9.000.000 de pesetas (54.091,09 euros).

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 20 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde