Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

INFORMACIÓN pública.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 23-8-2001, aprobou inicialmente o Plan parcial modificado do parque empresarial de Penapurreira. Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente que se somete a información pública estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

A suspensión automática do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras incompatibles coa ordenación proxectada (artigo 34.2º LSG) limítase á área que no proxecto se define e concreta para ampliación do sector 02-A (solo urbanizable industrial).

As Pontes de García Rodríguez, 24 de agosto de 2001.

José Higinio Adega Ardao

Alcalde en funcións