Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por acordo da Comisión Municipal de Goberno, do 3 de setembro de 2001, o proxecto de urbanización da vía situada entre a estrada E-550 e a rúa Clemente Echevarría Novoa, en Raxó, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, promovido por B.B.T., S.L., e redactado polo arquitecto Leopoldo Ivorra Saens-Díez e José L. Pichel Fernández, exponse ó público durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, podendo examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo do concello, e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 5 de setembro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde