O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para sinalamento de aliñacións da parcela de Teresa Rey Costas na Senra-Taragoña.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-admi
nistrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.
Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Rianxo, 3 de agosto de 2001.
Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde