Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobada na sesión plenaria do día 4 de maio de 2001 con carácter definitivo a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares no ámbito do PNC-11, previo informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 14 de marzo de 2001, de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese a facer pública a dita aprobación.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -sala do contencioso-administrativo- (segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que estime pertinente a exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 14 de setembro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente