Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 27 de agosto de 2001, acordou a aprobación inicial do proxecto de delimitación do polígono ou unidade de actuación Espadanal-1, delimitada polos eixos das rúas nº 16 e 17 polo límite norte (rúa nº 6) e límite sur (paseo marítimo) correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001 e cunha superficie total bruta de 12.076,27 metros cadrados.

O que se fai público co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas respecto da iniciativa durante o prazo de 20

días contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG, así como examina-lo expediente completo na Secretaría Xeral do Concello de Boiro, en horario de oficina.

Boiro, 6 de setembro de 2001.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente