Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de agosto de 2001, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador simplificado 32023/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a proposta de resolución do expediente sancionador simplificado nº 32023/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, ante o instructor do procedemento.

Expediente: 32023/2001.

Inculpado: Artículos 100 Orense, S.L.

Enderezo: r/ Pena Corneira, 5-baixo, Ourense.

Motivo: irregularidades en actas nº 3/00/020 y 4/00/020, campaña de etiquetado de xoguetes.

Data da proposta de resolución: 21-5-2001.

Ourense, 30 de agosto de 2001.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense