Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, do contrato do servicio que ten por obxecto o desenvolvemento dun sistema informático para o tratamento consultivo da información de certas liñas de subvención. (Expediente C03666).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación do servicio que ten por obxecto o desenvolvemento dun sistema informático para o tratamento consultivo da información de certas liñas de subvención.

b)Lugar de entrega: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de entrega: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado.

Dezanove millóns oitocentas vintecatro mil oitocentas (19.824.800) pesetas (119.149,45 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Garantía definitiva.

4% do importe da adxudicación.

7. Obtención da documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que deberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet. Enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=734.

8. Presentación das ofertas.

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo (8) día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. De coin

cidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.

b) Data: o sexto (6) día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo