De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.
Ourense, 31 de agosto do 2001.
Montserrat González Pérez
Instructora
Vº e prace
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente (nº/ano): 192/01 IN.
Denunciado: José María Mosquera Crespo.
DNI: 34931032.
Último enderezo coñecido: r/ San Rosendo, nº 2, 32004 Ourense.
Feito denunciado: abandono vehículo OR-4255-F.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.
Sanción: 50.000 pesetas.
Expediente (nº/ano): 221/01 IN.
Denunciado: Amancio Pardo García.
DNI: 34974130.
Último enderezo coñecido: r/ Seoane, nº 14, Aranga (A Coruña).
Feito denunciado: abandono vehículo OR-4079-H.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.
Sanción: 50.000 pesetas.