Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Buio. (Expediente 076-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Eurovento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de Buio.

Peticionario:

Eurovento, S.L. Unipersonal.

Rúa Varsovia, 4º C-5ª planta-Área Central.

15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro, O Valadouro, Xove e Cervo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.619.500,00; 4.825.000,00), V(0.627.000,00; 4.825.000,00)

V(0.627.000,00; 4.828.800,00), V(0.619.500,00; 4.827.100,00)

V(0.622.000,00; 4.827.100,00), V(0.622.000,00; 4.828.800,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 37.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 48,1 MW.

-Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

-Producción neta anual estimada: 129.200 MWh/ano.

-Orzamento total: 6.082.526.340 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-37 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 MW de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-37 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Buio e os veciños parques eólicos de Gamoide e Ríoboo, composta por dous transformadores principais 30/132 kV de 40/50 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal unitaria e un transformador para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Buio poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Viveiro, O Valadouro, Xove e Cervo (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 14 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo