Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio (tramo subestación Boimente-apoio número 13), concellos de Viveiro e Xove, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 010/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Electra de Viesgo I, S.A.

b) Finalidade: interconexión das subestacións eléctricas de Boimente e Buio para a evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos situados na zona.

c) Características técnicas principais: liña aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión das subestacións eléctricas de Boimente e Buio (tramo subestación Boimente-apoio nº 13), de 2.931 m de lonxitude, composta por un circuíto con dous conductores por fase LA-280 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e os seus anexos de instalacións nesta

delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 10/2001Provincia: Lugo

L.A.T. 132 kV sub. Boimente/sub. Buio, tramo sub. Boimente/apoio nº 13.Termo municipal: Viveiro

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidos Enderezonº apoiommlm

3PiñeiralMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

2, 3, 4, 5 e 61501.16030.775

5aMonte baixo/prad.MVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

7223157.565

5bCarballeiraMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

1303.990

7CarballeiraMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

30825

8aCarballeiraMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

1153.465

8bMonte baixoMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

8 e 94761012.210

8cPiñeiralMVMC Veciños de Boimente. (Rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente

(Viveiro)

11, 12 e 137738011.460

Expediente: 10/2001Provincia: Lugo

L.A.T. 132 kV sub. Boimente/sub. Buio, tramo sub. Boimente/apoio nº 13.Termo municipal: Xove

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

9Monte baixoDescoñecido10221202.402