Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información publica o estudio ambiental do parque eólico de Serra Seca, o proxecto de execución das instalacións que comprende, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico para desenvolver, conforme o sinalado no proxecto presentado, nos concellos da Gudiña, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Castrelo do Val (Ourense). (Expediente IN661A 01/2-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Energías Ambientales Easa, S.A. de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e o estudio ambiental do parque eólico de Serra Seca.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e supletoriamente os decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos do 20 de outubro, respectivamente de autorización e de expropiación e sancións en materia de instalacións eléctricas; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; decretos 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e 337/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

2. Características básicas.

a) Peticionario: Energías Ambientales Easa, S.A.

b) Enderezo social: r/ José Luis Bugallal Marchesí, nº 10, 1º A, A Coruña.

c) Denominación: parque eólico de Serra Seca.

d) Situación: concellos da Gudiña, Viana do Bolo Vilariño de Conso e Castrelo do Val (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM:

Punto 1 (639000, 4658500); punto 2 (647000, 4660500); punto 3 (651000, 4664000); punto 4 (654000, 4664000); punto 5 (654000, 4659000); punto 6 (653000, 4658000); punto 7 (649000, 4659000); punto 8 (639000, 4657000).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 29 aeroxeradores de 1.250 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 48,75 MW, cunha producción anual estimada de 121.071 MWh.

-Interconexión dos aeroxeradores mediante as correspondentes bandexas cos C.T. respectivos, interconectados entre si mediante liñas subterráneas a 20 kV e á subestación transformadora.

-C.T para instalar en cada aeroxerador de 1.600 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Subestación transformadora equipada con transformador principal trifásico 200/20 kV de

37,5/50 MWA e cos elementos de manobra, medida e protección necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 6.092.170.120 pesetas.

3. Urxente ocupación.

O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental.

O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1º,e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

5. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta Delegación Provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4º no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con trasalado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 19 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Parque eólico de Serra Seca

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: A GudiñaProvincia: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

AeroxeradorGabiaVial

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoCimentación

(m)

Plataforma

(m)

Voo

(m)

Solo

(m)

Solo

(m)

1Monte Comunal da GudiñaMatoM.V.M.C. da Gudiña (rpta. presidente: Amable Pérez Fernández)R/ Xeneral 61, CP 32540, A Gudiña, OurenseA-32, A-33, A-34, A-35, A-36, A-37, A-38, A-39, R-031.1702.25027.18012.00026.400

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

AeroxeradorGabiaVial

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoCimentación

(m)

Plataforma

(m)

Voo

(m)

Solo

(m)

Solo

(m)

6Monte Comunal de Parada da SerraMatoM.V.M.C. de Parada da Serra (rpta. presidente: José Alfredo Sánchez Pérez)CP 32546, Parada da Serra, A Gudiña OurenseA-20, A-21, R-01, R-05, R-06, R-087801.50018.12024.60051.600

Concello: Castrelo do ValProvincia: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

AeroxeradorGabiaVial

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoCimentación

(m)

Plataforma

(m)

Voo

(m)

Solo

(m)

Solo

(m)

2Monte Comunal de CampobecerrosMato e roturado para plantación piñeirosM.V.M.C. de Campobecerros (rpta. presidente: Xosé Barxa Blanco)R/ A Cotarela, CP 32626, Campobecerros, Castelo do Val, OurenseA-01, A-02, A-03, A-04, A-05, A-06, A-07, A-08, A-09, A-10, A-11, A-12, A-13, A-14, A-15, A-16, R-02, R-04, R-072.4704.75057.38032.40067.200

Tipo de afección:-Afeccións denominadas cimentación, plataforma e solo implicarán expropiación de pleno dominio.-Afección denominada voo implicará imposición de servidume de voo.