Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.065

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (02/4787/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación de Federación Empresarios Farmacéuticos de Galicia, contra Decreto 146/2001, do 7 de xuño, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125, do 28 de xuño).

Recurso número 02/0004787/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non séndoo persoalmente, presenten un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, tres de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado