Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO.

O presente edicto fai saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Rodrigo de Santiago Zarco, en nome e representación de Asociación Gallega de Empresarios Depuradores de Moluscos, contra Orde do 23 de marzo de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola que se modifica a do 17 de outubro de 2000, pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe do Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, e do seu consello regulador provisional (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2001).

Recurso número: 02/0004724/2001.

A publicación deste anuncio servirá de localización ás persoas, que non séndoo persoalmente, presenten un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado