Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.065

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

SENTENCIA (33/2001).

Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, tendo vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Antonio Acción Maroño e na súa representación o procurador dos tribunais Gonzalo Lousa Gayoso, e na súa defensa o letrado Ange Cobreiro Mosquera, contra José Manuel Lozano Gómez, en ignorado paradoiro e José Roberto López Vila, domiciliado na rúa Teixeira de Pascoaes, número 4, piso 5º B, da Coruña, sobre resolución de contrato de arrendamento e reclamación de cantidade, e decido:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Lousa Gayoso, na representación de Antonio Acción Maroño, contra José Roberto López Vila e José Manuel Lozano Gómez, declaro resolto o contrato de arrendamento do piso 5º B do número 4 da rúa Teixeira de Pascoaes da Coruña, condenando os demandados ó pagamento solidario da suma de 160.000 pesetas en concepto de rendas adebedadas ó tempo da demanda, máis as que se devenguen ata o momento da sentencia, así como ó pagamento de 14.620 pesetas por recibos de auga e a de 21.757 pesetas por gastos de electricidade. As custas impóñenselles ós demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que, contra esta e de acordo co previsto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil, cabe recurso de apelación para presentar neste xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito en caso necesario e para que así conste, para os efectos de publicar no Diario Oficial de Galicia, que servirá de notificación de sentencia ó demandado rebelde en ignorado paradoiro, José Manuel Lozano Gómez, expido e asino a presente sentencia, dezaseis de xullo de dous mil un. Dou fe.

A secretaria

Rubricado