Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial B SUP PP1 Finca Solita en Alcabre (expediente 3485/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de agosto de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente do Plan parcial B SUP PP1 Finca Solita en Alcabre, promovido pola entidade mercantil Frapejus Galicia, S.A. segundo

proxecto e planos redactados polo equipo de arquitectos Castro y Alonso C.B. e Arturo Dapena Barros, visado polo COAG con datas respectivas do 12-6-2001 e 28-11-2000 (expediente 3485/411).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación na provincia, e notificación individualizada ós directamente interesados na forma legalmente prevista.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados personalmente.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo